De que partido estás máis cerca para o 21-0? Podes levar unha sorpresa

Captura de pantalla da aplicación © Horizonte Galicia

A adopción do euro foi positiva para Galicia, NovaGaliciaBanco debería converterse nun banco de titularidade pública galega, É máis importante o crecemento económico do país que a protección do medioambiente, O actual momento de crise económica esixe priorizar a defensa dos dereitos sociais sobre os dereitos nacionais de GaliciaÉ necesaria unha reforma da lei electoral en España, Débense eliminar as subvencións aos sindicatos ou Debemos ter leis máis restrictivas respecto do aborto. Son algunhas das trinta preguntas a través das que a enquisa que propón Horizonte Galicia sitúa o votante en dous eixos: esquerda-dereita e centralismo-descentralización e en relación coas propostas de PP, PSdeG-PSOE, BNG, AGE, CxG e UPyD.

A enquisa está dirixida por Fernando Mendez e Javier Ramos-Diaz, do e-Democracy Centre da Universidade de Zúrich. E foi realizada por Rosa Maria Navarrete (Coordinadora principal, Universidad Autonoma de Madrid), Bruno Gonzalez (Universidad Pompeu Fabra), David Gulín Díaz (Universidade de Santiago) e Ruben González Gómez (Universidade de Santiago).

Ofrece resultados sobre o posicionamento do elector nos dous eixos referidos, sobre o seu propio autoposicionamento, e sobre a porcentaxe de coincidencia cos programa dos seis partidos. O enquisado pode sinalar posteriormente a que asuntos lles concede máis importancia para obter un resultado máis fiable e tamén comparar o seu posicionamento co de outros usuarios. Tamén se pode consultar a base de datos coas posicións dos partidos, a partir das que o estudo realiza os cálculos. Neste aspecto a aplicación presentaba nun comezo algúns erros que xa foron subsanados. Finalmente, pódese descargar un informe persoal e compartir os resultados nas redes sociais. Onde te sitúa a ti? Levaches algunha sorpresa?

Captura de pantalla da aplicación © Horizonte Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.