Equo consolida a súa organización en Galicia no seu primeiro congreso

Outro momento dos debates Dominio Público Equo Galicia

Equo-Galicia celebrou esta fin de semana en Compostela o seu primeiro congresoa, que buscaba poñer en marcha "unha estrutura organizativa que permitirá o despegue dun xeito novo de facer política baseada na ecoloxía, na equidade e na democracia participativa". Estas dúas xornadas serviron para presentaranse os Estatutos da formación e a Comisión Executiva, que fora elixida polo voto directo de todos os militantes da formación a través da rede. Tamén se realizaron varios laboratorios de ideas e escolleron os representantes comarcais na súa Mesa Nacional, dous por comarca, un órganos que terá unha vixencia de dous anos

En certa maneira o Congreso tamén serviu para asentar a organización mesmo a nivel das relacións persoais entre os seus afiliados. Os seus cen afiliados e máis de trescentos simpatizantes en Galicia realizan unha actividade moi intensa a través da rede, con debates e votacións telemáticas, pero a dispersión xeográfica e o feito de ser unha organización fai que en moitos casos non teñan un contacto directo.

O coportavoz federal de Equo, Juan López de Uralde, interveu o sábado pola mañá falando sobre o movemento verde europeo, do que Equo funciona como referente en España. Tamén participaron os deputados de AGE Juan Fajardo e Antón Sánchez, que salientaron o papel de Equo en AGE e animaron os militantes e simpatizantes da formación a implicarse máis nas causas e conflitos medioambientais abertos en Galicia, e un representante da Coordinadora Galega de ONGD. O domingo asistiu ao congreso o representante de Espazo Ecosocialista Manuel Dios.

O sábado celebráronse catro laboratorios de ideas centrados en Economía e sociedade, Dereitos e democracia, Sustentabilidade medioambiental e Comunicación interna e externa,cuxas conclusións presentáronse o domingo. Tamén houbo utros encontros para a participación, como un debate sobre as eleccións europeas e unha charla-coloquio sobre a Red Equo Xove. 

O domingo debateuse a relación de Equo con AGE e a súa posición de cara á conformación de candidaturas para as eleccións europeas do ano que vén. En cantó á experiencia de AGE, Ángel Montero, coportavoz da formación, declárase "contento" pola experiencia e en sintonía coa proposta política que a coalición está a manter no Parlamento. "A nosa relación coas tres formacións que completan Alternativa é boa e procuramos traballar sempre o máis conxuntamente posible", continúa, tras advertir de que a aposta de Equo Galicia é a de consolidar "unha fronte ampla de partidos de esquerdas".

Equo Galicia pretende mellorar a visibilización da formación alí onde se compartan os seus ideais, pero tamén naqueles ámbitos onde xa traballan participando e colaborando con diversas asociacións e plataformas. "O principal obxectivo deste cónclave é fixar as liñas políticas propias en Galicia; a nivel federal temos uns principios compartidos, pero hai que adaptalos á problemática galega, porqeu non é o mesmo o rural galego que o do sur de España ou a pesca do Mediterráneo coa que hai aquí", afirmaba Ángel Montero antes do Congreso.

Juan López de Uralde intervén no Congreso de Equo-Galicia Dominio Público Equo-Galicia
Presentación de Equo-Xove Dominio Público Equo-Galicia
Outro momento dos debates Dominio Público Equo Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.