O PSdeG promete, no caso de chegar ao goberno da Xunta, construír un "escudo protector" para as persoas máis vulnerables na crise provocada polo coronavirus e lograr así que "ninguén quede na cuenta" durante a reconstrución do país. Farao, dixo, “impulsando as políticas sociais e incrementando o gasto social na defensa dos servizos públicos".
Caballero propón construír un "escudo protector" para as persoas máis vulnerables na crise provocada polo coronavirus e lograr así que "ninguén quede na cuenta"
Logo dun paseo en bicicleta por Pontevedra, Caballero defendeu hoxe Galicia necesita un cambio para ter á fronte da Xunta “un goberno amigo” que actúe como ese "escudo protector” tanto para o máis de medio millar de galegos e galegas en situación de pobreza como para os 44.000 cidadáns que, segundo os cálculos de Intermón-Oxfam, poden entrar nesta situación como consecuencia da crise da covid.
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta aegura que o Executivo liderado por Pedro Sánchez está envorcado nese obxectivo, pero Galicia necesita tamén un goberno socialista para "incrementar o gasto social". Ademais, apostou por corrixir "a incapacidade" da Risga, na que a Xunta "non pon recursos suficientes" nin dedica a dilixencia necesaria, con prazos de tramitación que "superan os niveis admisibles que se poden dar para situacións de pobreza".
Durante a súa visita a Pontevedra, Caballero afirmou tamén o seu compromiso co impulso dun mapa de instalacións e capacidades dispoñibles en Galicia para impulsar, coa colaboración das deputacións e federacións, unha estratexia de reforzo do deporte a todos os niveis.
Ao tempo, propón desenvolver un plan galego da bicicleta que "dea seguridade" ás persoas usuarias, fomente a mobilidade sustentable e exerza tamén como polo de atracción para o turismo.