"Luis Bárcenas ten preparado un dispositivo por se lle pasa algo"

Luis Bárcenas © El Diario

Bárcenas non vai quedar parado. O ex tesoureiro deseñou un dispositivo de reacción para defenderse da situación xudicial que este xoves o levou á prisión de Soto del Real. Así o asegura unha fonte moi próxima ao ex responsable das contas do PP: "Luis ten preparado un dispositivo por se lle pasa algo". A advertencia asínaa unha das poucas persoas que, até onte, despachaba a diario co ex tesoureiro. Segundo esta fonte, "Non sei que é o algo nin cal é o dispositivo, pero teno organizado xa”.

"A súa situación na cadea de Soto del Real permítelle recibir visitas e manter contacto co exterior a través do teléfono. Os seus achegados agardan agora ordes do ex tesoureiro, para quen se cruzou unha liña vermella co seu encarceramento"

Luis Bárcenas xa pasou a súa primeira noite en prisión. A súa situación na cadea de Soto del Real permítelle recibir visitas e manter contacto co exterior a través do teléfono. Os seus achegados agardan agora ordes do ex tesoureiro, para quen se cruzou unha liña vermella co seu encarceramento.

Bárcenas non esperaba onte que Pablo Ruz decidise o seu ingreso en prisión. Acudiu á Audiencia Nacional sen levar consigo os aveños necesarios por se se daba esa circunstancia e a mañá deste venres tivo que facer uso do seu traxe e gravata para saír a pasear ao patio do centro penal.

Bárcenas ten agochada documentación moi comprometedora sobre a xestión do Partido Popular. Eses documentos atópanse aloxados en varias localizacións e a parte fundamental está fóra de España

Segundo soubo eldiario.es de fontes próximas, Bárcenas ten agochada documentación moi comprometedora sobre a xestión do Partido Popular. Eses documentos atópanse aloxados en varias localizacións e a parte fundamental está fóra de España. No seo do PP son conscientes de que levar a Bárcenas a prisión podería supor un problema serio para Rajoy e os seus. O ex tesoureiro debe decidir agora como xestionar os datos que obran no seu poder.

A campaña electoral de 2004 é un dos primeiros capítulos dos que, en breve, se poderíanse coñecer máis detalles que bordearían a ilegalidade, segundo as fontes consultadas. O modo de xestionar os pagos a quen realizaban supostas enquisas para o partido é, segundo estas fontes, de dubidosa legalidade e nel agocharíanse pagos escandalosos. A información sobre esa campaña electoral situaría a Rajoy no centro da polémica con poucas opcións de mirar ao pasado e culpar veadamente a Aznar dos desmáns en Xénova 13. A documentación en poder do ex tesoureiro demostraría, segundo quen accedeu a ela, que o PP bordeou a lei no pasado pero que o seguiu facendo con Rajoy á fronte.

Luis Bárcenas © El Diario

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.