María Jesús López Escudero destacou que "o BNG con Lores tivo e ten o feminismo no centro da súa axenda. A perspectiva de xénero está sempre presente en toda a xestión municipal
O BNG celebrou este sábado en Pontevedra un acto aberto feminista que incluíu un faladoiro entre Eva Vilaverde, edil de Protección e Seguridade Cidadá e número dous da candidatura, María Jesús López Escudero (profesora xubilada e ex concelleira pontevedresa), Sabela Bará (vicerresponsábel local do BNG en Pontevedra), Alba Lorenzo (ex alumna do IES Luís Seoane, activista femnista e avogada) e Victoria Canoura (profesora da UVigo e integrante da candidatura do BNG por Pontevedra).
Baixo o lema ‘Concello feminista. Concello equitativo’, a formación nacionalista reivindicou que "o BNG é feminista, hai un compromiso claro con el desde o principio dos tempos. O BNG ten na súa esencia o feminismo".
"Estou convencido de que se os inimigos de feminismo chegan ao poder, volverán a poñer o nome do rei emérito no rueiro e a sacar o nome de Virxinia Pereira", afirmou Lores
Tamén interveu o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que advertiu de que "ningunha conquista é irreversíbel, poñendo de exemplo o rueiro da cidade, cada vez con máis nomes de mulleres. "Estou convencido de que se os inimigos de feminismo chegan ao poder, volverán a poñer o nome do rei emérito no rueiro e a sacar o nome de Virxinia Pereira", afirmou o rexedor.
María Jesús López Escudero destacou, pola súa banda, que "o BNG con Lores tivo e ten o feminismo no centro da súa axenda. A perspectiva de xénero está sempre presente en toda a xestión municipal. O BNG foi e é consciente de que todas as accións de transformación de modelo de cidade debe ter en conta a perspectiva feminista"
"A maioría das tituladas universitarias e as mellores notas porcentualmente son mulleres, pero os cargos públicos e privados de alto nivel, esta porcentaxe desaparece. Algo hai detrás de todo isto. Eu tamén son cota e estou orgullosa de selo"
Citando e traendo de voltas unhas palabras da concelleira Carme Da Silva, Eva Vilaverde indicou que "eu son cota e estou orgullosa de ser cota. O traballo que fixo o feminismo para que as mulleres poidamos estar nesta posición é para estar orgullosas. Debemos e temos que estar aquí. Alguén dubida que unha muller poida estar menos preparada que un home para exercer un cargo de responsabilidade? Temos capacidade de sobra para aprender e exercer como calquera. A maioría das tituladas universitarias e as mellores notas porcentualmente son mulleres, pero os cargos públicos e privados de alto nivel, esta porcentaxe desaparece. Algo hai detrás de todo isto. Eu tamén son cota e estou orgullosa de selo".
"O BNG de Pontevedra recolleu o anonimato de moitas mulleres, e o fixo con proxectos tan valiosos como A Memoria das Mulleres. Roteiros, murais e rúas devolven as mulleres o protagonismo roubado"
Mentres, María Jesús López Escudero sinalou que "sempre houbo mulleres insignes, e deixaron tras de si un luminoso ronsel. O BNG de Pontevedra recolleu o anonimato de moitas mulleres, e o fixo con proxectos tan valiosos como A Memoria das Mulleres. Roteiros, murais e rúas devolven as mulleres o protagonismo roubado. Queda moito por facer, e por iso hai que continuar. O BNG seguirá recuperando o legado de dignidade de todas aquelas que nos consideramos herdeiros e herdeiras".
O segundo bloque da conversa xirou ao redor das medidas a tomar desde o Concello e a política municipal a aplicar durante o vindeiro mandato, lembrando Bará que as actuacións contra a violencia machista non dependen só do Concello, pero todas as políticas realizadas deben ter unha visión feminista.
Vilaverde sinalou a importancia á hora de "seguir avanzando como Concello feminista" en tres eidos fundamentais: "o acompañamento ás mulleres vítimas da violencia machista, o impulso á economía social, a continuación na promoción do rueiro feminino e a xeración de campañas de divulgación do feminismo"
Na recta final do faladoiro, Vilaverde sinalou a importancia á hora de "seguir avanzando como Concello feminista". "Levamos 24 anos traballando nese eido. Desde o BNG o que poñemos enriba da mesa é facelo en tres eidos fundamentais: o acompañamento ás mulleres vítimas da violencia machista, o impulso á economía social, a continuación na promoción do rueiro feminino e a xeración de campañas de divulgación do feminismo".
"Somos un Concello referente por mor das campañas e do traballo feito desde diferentes áreas municipais. Temos que seguir nese camiño, non podemos permitir que se free este avance", rematou, engadindo que "somos a única cidade que ten no seu corpo de Policía Local un grupo en exclusiva para a violencia de xénero, cun despacho no propio CIM, para que as vítimas non se sintan agredidas acudindo á comisaría para denunciar"