O PP gañou as eleccións. Renova e acrecenta a súa maioría absoluta con tres novos escanos aínda que perde máis dun punto e ducias de milleiros de votos. Os populares gañan un escano en todas as provincias, agás Pontevedra. O Partido Popular suma o 45,49% dos votos fronte ao 46,68% de 2009 e en total perde case 136 mil votos.
O PSdeG é o gran derrotado destes comicios: resiste mellor en Lugo e Ourense (perde un escano en cada provincia) ca na Coruña (perde 3) e Pontevedra (perde 2). En total, os socialistas perden máis dun terzo dos seus votos e pasan do 31% ao 20,49% e deixando polo camiño case 230 mil votos.
A suma de AGE e BNG ten catro escanos máis ca o Bloque en 2009, e achégase aos mellores resultados históricos do nacionalismo de esquerdas, en 1997 e 2001
Pola contra, a Alternativa Galega de Esquerda de Xosé Manuel Beiras é a gran gañadora: obtén un 14,17% dos votos e 9 deputados, cun resultado espectacular na provincia da Coruña, onde acadou catro escanos e case igualou o resultado do PSdeG-PSOE. En xeral, AGE base os seus bos datos nas cidades: na Coruña e Compostela convértese na segunda forza superando mesmo ao PSOE e en Ferrol empata cos socialistas. O BNG perde cinco escanos e fica con 7 perdendo un deputado en cada provincia e dous na Coruña. En total o Bloque perde case a metade dos seus votos: 135 mil dos 270 mil que tiña. En calquera caso, a suma de AGE e BNG ten catro escanos máis ca o Bloque en 2009, e achégase aos mellores resultados históricos do nacionalismo de esquerdas, en 1997 e 2001.
Entre PP, PSOE e BNG perden ao redor de medio millón de votos
Entre PP, PSOE e BNG perden ao redor de medio millón de votos. 200 mil son para Alternativa. E o resto repártese entre un lixeiro incremento da abstención, outras formacións pequenas que quedan sen representación (Escanos en branco, CxG, SCD ou UPyD suman 78 mil votos) e sobre todo unha gran masa de votos en branco e nulos que suman máis de 75 mil e ao redor do 5% do total. No resto de formacións, UPyD é a quinta forza politica, con máis de vinte mil votos, superando o SCD de Mario Conde e a Compromiso por Galicia que obtiveron un 1% cada un. Escanos en Branco chegou aos 16 mil votos.
A Coruña | Lugo | Ourense | Pontevedra | Total | |
---|---|---|---|---|---|
PP | 45,33% 13 | 50,88% 9 | 48,84% 8 | 42,71% 11 | 45,55% 41 |
PSdeG | 18,69% 5 | 22,69% 4 | 23,69% 4 | 20,74% 5 | 20,51% 18 |
AGE | 16,68% 4 | 10,67% 1 | 7,94% 1 | 14,49% 3 | 14,10% 9 |
BNG | 9,67% 2 | 8,65% 1 |
8,52% 1 |
11,92% 3 | 10,18% 7 |
Primeiras reaccións
Alberto Núñez Feijóo presentou a súa "limpa" vitoria como un aval a Rajoy. O líder popular evita a euforia tras sumar tres deputados e subliña que "non é habitual" que se produza un triunfo coma o do seu partido en plena crise. O PP baixa en votos e en porcentaxe sobre o total pero asenta a súa clara vitoria na fragmentación do electorado e no seu dominio, sobre todo, no ámbito rural e rururbano. O PP supera o 50% dos votos na meirande parte das comarcas de Galicia: en 35 das 54. Iso si, nas cidades o PP supera por pouco o 40% e vese superado pola suma de PSdeG, AGE e BNG.
Pachi Vázquez foi o primeiro en comparecer. Asume o resultado "con serenidade", informa de que xa felicitou ao PP e di que "asume a responsabilidade", pero non aclara o seu futuro máis aló de dicir que se abre "un periodo de reflexión". Mañá o PSdeG-PSOE celebra Executiva de
Pola súa banda Francisco Jorquera felicitou o PP pola súa vitoria e culpou do descenso do BNG á crise interna sufrida e a unha estratexia popular de "retroalimentar" a AGE: "mirade que os mellores resultados de Beiras sempre coincidiron cos mellores resultados do PP". Alertou de que Galicia está a sufrir un proceso de "desgaleguización" e afirma que contra ese proceso "o BNG é imprescindibel". De cara ao futuro indica que "tan importante será o traballo no Parlamento coma na rúa". O BNG baixa con forza nas cidades, agás Pontevedra, onde sobe e chega ao 19%, pero mantén unha gran fortaleza en vilas coma Allariz (43%), Carballo (20%), Bueu (24%) ou Ribadeo (16%).
Xosé Manuel Beiras compareceu en Teo para afirmar que "agora si que a derrota definitiva do PP aquí e no Estado comeza a ser segura" e definiu a AGE como "esa vangarda". Concluiu que "imos ser os espartanos no Parlamento galego para loitar contra a crise". Alternativa acadou os seus mellores resultados nas áreas urbanas. Foi a segunda forza politica na Coruña e Santiago e ficou a un voto do PSdeG-PSOE en Ferrol. Noutras urbes coma Vigo obtivo igualmente un excelente resultado, rozando o 20% dos votos. O mesmo que en moitas vilas, coma Teo (27%), Cangas (24%), Ames (24%), O Grove (21%), Oleiros (21%), Chantada (18%) ou Vilagarcia (17%).
Finalmente, Xoán Bascuas afirmou que estas eleccións lle serviron a CxG para "darse a coñecer" e di que Compromiso obtivo "bos resultados" naqueles lugares nos que a formacions está asentada. Compromiso por Galicia obtivo un total de 14.398, un 1,01% dos votos. Destaca o seu resultado en Lalin onde acadou o 7,29% dos votos e se converteu na terceira forza, por diante de AGE e BNG. E por suposto a súa vitoria en Vilar de Santos onde obtivo máis do 55% dos votos.