O PP perdería ata 6 deputados e En Marea obtería grupo parlamentario

Papeletas nun colexio electoral de Santiago, este domingo CC-BY-SA Praza Pública

O PP sufrirá un forte castigo en Galicia, se se confirman os datos achegados polas enquisas a pé de urna que se veñen de publicar. Os populares seguirían sendo a forza máis votada en Galicia, co 34,5% e 9-10 escanos (cun descenso de ata seis deputados e 18 puntos). En Marea entraría con forza no Congreso, co 27% dos votos e 6-8 representantes, garantíndose a consecución dun grupo parlamentario propio. O PSOE tamén experimentaría un forte descenso en Galicia, acadando o 18,38% dos apoios e 4 ou 5 escanos (en 2011 tivo 6 e o 28% dos votos). Ciudadanos obtería tamén representación, cun 10,7% dos votos e 1-2 escanos. Nós obtería o 5,3% e ningún escano. En 2011 o BNG acadou o 11% dos votos e dous representantes.

Por provincias, na Coruña o PP sería a forza máis votada (33,5%), por diante de En Marea (27,5%). En cambio, en Pontevedra é esta formación a que lidera (31,3%), superando por dúas décimas os populares (31,1%). O PP gañaría con máis claridade en Lugo e Ourense, por diante do PSOE na provincia lucense e de En Marea na ourensá.

  A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia
PP 3 (5) 33,5% (51,5%) 2 (3) 40,1% (56,1%) 2 (3) 41,5% (56,7%) 2-3 (4) 31,3% (50,8%) 9-10 (15) 34,5% (52,5%)
En Marea 2-3 27,5% 1 19% 1 21,3% 2-3 31,1% 6-8 27%
PSOE 1-2 (2) 19,20% (27,3%) 1 (1) 23% (28,4%) 1 (1) 18,7% (28,1%) 1 (2) 18,2% (28,1%) 4-5 (6) 18,38% (27,8%)
Ciudadanos 1 11,1% 0 8,3% 0 10,5% 0-1 11,1% 1-2 10,7%
Nós-CG 0 (1) 5,50% (11,7%) 0 (0) 5% (9,2%) 0 (0) 4,9% (9,3%) 0 (1) 5,5% (12) 0 (2) 5,3% (11,2%)

É a información da sondaxe de TND Demoscopia difundida por TVE e a Forta, que a nivel estatal outorga a vitoria ao PP co 26% dos votos e 114-118 escanos, cun forte descenso con respecto a 2011. Podemos (21% e 76-80 escanos) e PSOE (20% e 80-85 escanos) compiten polo segundo posto. Ciudadanos quedaría co 15,5% dos votos e 47-50 deputados

Por outra banda, segundo a enquisa de GAD 3 para Antena 3, o PP tamén gañaría as eleccións con entre 121 e 124 deputados, seguido do PSOE, que alcanzaría entre os 79 e os 83 deputados. Podemos situaríase como a segunda forza política máis votada cunha marxe de 70 a 74 escanos e Ciudadanos quedaría na cuarta posición con entre 46 e 50. En porcentaxe de votos, os populares obterían o 28,1%, mentres que o segundo posto sería para Podemos (onde se inclúen confluencias como En Marea), co 21,1%. O PSOE obtería o 20,4% e Ciudadanos, o 14,9%. En canto ao resto de forzas políticas, Unidad Popular-IU acadaría entre 2 e 4 deputados, Democracia i Llibertat entre 5 e 7; ERC, entre 8 e 9 escanos; PNV, entre 5 e 6; e Bildu, entre 2 e 4. Coalición Canaria, entre 0 e 1 e Geroa Bai, entre  e 1 tamén.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.