En Marea di que defenderá as propostas galegas na investidura cun "anexo" ás de Podemos
Iglesias presenta un amplo documento de negociación que recolle as políticas e a estrutura dun Goberno de coalición con PSOE e IU e que non inclúe medidas específicas para Galicia, que a coalición di estar a preparar nun texto centrado "nas especificidades e problemáticas propias" do país.