O Supremo acorda prisión baixo fianza de 150.000 euros para Carme Forcadell

Carme Forcadell Dominio Público Parlament de Catalunya

O xuíz da sala segunda do Tribunal Supremo Pablo Llarena decidiu enviar a Carme Forcadell a prisión, coa posibilidade de que saia de prisión se reúne 150.000 euros. A Fiscalía solicitara prisión incondicional para Forcadell e outros tres membros da Mesa do Parlament a pesar de que a ex presidenta da cámara acatara o 155 e dera un "carácter simbólico" á declaración de independencia. Lluis Corominas, Lluis Guinó, Ramona Barrufet, e Ana Simó quedan en liberdade e deberán pagar 25.000 euros antes dunha semana para eludir a prisión. Finalmente, Joan Josep Nuet queda en liberdade sen medidas cautelares.

Na súa declaración, Forcadell marcou a estratexia que seguiron os seus compañeiros na Mesa do Parlament: acatou a aplicación do artigo 155 e recoñeceu que, conforme á "legalidade vixente", é "evidente" que o Parlament está disolto. Engadiu ademais que a declaración unilateral de independencia era "declarativa e simbólica". Non todos usaron as mesmas palabras, pero si coincidiron en darlle valor político e restarlle transcendencia xurídica á DUI.

Lluis Corominas, Lluis Guinó, Ramona Barrufet, e Ana Simó quedan en liberdade e deberán pagar 25.000 euros antes dunha semana para eludir a prisión

A Fiscalía dedicou boa parte das súas preguntas ás manifestacións que, segundo a querela, serviron para apoiar desde as rúas o proceso que se comandaba desde o Govern e o Parlament. Os fiscais incidiron no seu carácter “violento”, mentres os acusados defendéronse dicindo que sempre apoiaron mobilizacións pacíficas, e que non son responsables do que ocorrese despois nelas.

Os membros da Mesa están acusados, segundo recolle a querela da Fiscalía, de violar os dereitos dos "deputados disidentes" para "demoler" a Constitución. A DUI foi o "fin último" e a "culminación", a criterio da Fiscalía, dunha serie de actos lexislativos que se desenvolveron ao longo da lexislatura co obxectivo último da independencia.

 

Carme Forcadell Dominio Público Parlament de Catalunya

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.