Os delegados do PSOE elixen a Rubalcaba como secretario xeral por 22 votos

Alfredo Pérez Rubalcaba, na súa intervención no 38 Congreso Dominio Público PSOE

Os delegados do PSOE veñen de elixir a Alfredo Pérez Rubalcaba como novo secretario xeral. O resultado (487 a 465), que se fixo agardar durante máis de dúas horas, indica o axustado da elección. Nos seus discursos os dous candidatos apostaron por unha renovación do partido. O reto do PSOE nos vindeiros meses, comezando polas eleccións en Andalucía e Asturias do 25 de marzo, é convencer a cidadanía destes bos propósitos, que en moitos casos se contradín coa xestión realizada na última lexislatura..

O reto do PSOE nos vindeiros meses, comezando polas eleccións en Andalucía e Asturias do 25 de marzo, é convencer a cidadanía destes bos propósitos, que en moitos casos se contradín coa xestión realizada na última lexislatura.

Rubalcaba e Chacón formaron parte dos gobernos do PSOE nesta última lexislatura, e un e outro colleitaron un resultado moi negativo nas eleccións do 20 de novembro. Rubalcaba, candidato, perdeu catro millóns de votos en todo o Estado, e Chacón, número 1 do partido por Barcelona, levou ao PSC a ser derrotado por ver primeira nunhas eleccións xerais.

Nos seus discursos previos á votación, os dous candidatos apostaron por un maior control dos mercados, por unha política social máis xusta, criticaron a especulación, a Igrexa Católica, a Angela Merkel e deixaron caer continuas chiscadelas ao electorado perdido e ao 15M. Inmediatamente, popularizouse en twitter o hashtag #seloquehicisteislaultimalegislatura, enumerando as críticas á xestión do goberno de José Luís Rodríguez Zapatero e cotexando os bos propósitos de Chacón e Rubalcaba coa política posta en práctica até hai uns meses. Os dous candidatos fixeron referencias a Zapatero, aínda que a ligazón co ex presidente foi máis clara no caso de Chacón. En cambio, Rubalcaba recibira nas últimas semanas o apoio de Felipe González, que tamén apoiara a Almunia e Bono, derrotados por Borrell e Zapatero en citas anteriores semellantes. Desta vez, a súa aposta foi a gañadora.

Os dous candidatos fixeron referencias a Zapatero, aínda que a ligazón co ex presidente foi máis clara no caso de Chacón. En cambio, Rubalcaba recibira nas últimas semanas o apoio de Felipe González, que tamén apoiara a Almunia e Bono, derrotados por Borrell e Zapatero en citas anteriores semellantes. Desta vez, a súa aposta foi a gañadora.

Os dous candidatos tamén dirixiran continuas referencias a Antonio Griñán e aos delegados andaluces, federación con máis votos neste Congreso, e clave para o resultado. Griñan déralle nos últimos días un apoio implícito a Chacón, pero semella que iso non foi abondo. As perspectivas do PSOE nas eleccións do 25 de marzo son moi negativas, e o actual presidente da Junta parecía buscar un revulsivo.

Porén, semella que o PSOE vai ter que realizar algo máis que un cambio de caras ou lanzar unha serie de bos propósitos (contraditorios nalgúns casos coa xestión realizada) para recuperar os catro millóns de votos que perdeu en novembro. Chacón comezara o seu discurso facendo un chamamento a "mirar aí fóra", onde -dixo- hai catro millóns de persoas "que se distanciaron pero que no lle deron as costas definitivamente ao PSOE" e que están agardando "deste Congreso e deste partido un sinal. Rubalcaba fixo chamamentos semellantes, aínda que apostando máis pola continuidade e pola solidez do partido. O visto e escoitado polo de agora no congreso non engade moito máis que un cambio cosmético e algúns pronunciamentos máis retóricos que reais.

A delegación galega, no congreso do PSOE Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.