Romeu e Leiceaga competirán por ser o candidato do PSdeG á Xunta

Xoaquín Fernández Leiceaga © PSdeG-PSOE

José Luis Méndez Romeu e Xaquín Fernández Leiceaga serán finalmente os que compitan nas primarias do PSdeG por ser o candidato á presidencia da Xunta nas vindeiras eleccións autonómicas. Dous históricos dirixentes aspirantes nunhas votacións entre a militancia nas que non estará Gonzalo Caballero, que non logrou reunir os 1.010 avais necesarios. 

Gonzalo Caballero non reuniu os 1.010 avais necesarios, mentres que Romeu e Leicega achegáronse aos 3.000

Si os acadaron, por moito, Leiceaga e Méndez Romeu, e por moito. O actual portavoz parlamentario obtivo case 3.000 avais, superando amplamente o limiar marcada polo PSdeG para optar ás primarias e, ainda que falara primeiro de arredor dunhas 1.800 sinaturas, finamente superou en máis de 1.000 esa cifra. Pola súa banda, Leiceaga, apoiado pola xestora dos socialistas galegos, acadou algo máis de 2.737 apoios.  

"Primeira barreira superada. Mais de 2800 avais. Grazas a toda a militancia por un proceso de participación masivo!", declarou Leiceaga na súa conta de Twitter, rede social onde tamén Méndez Romeu presumiu de apoios. "Máis de 2.800 avais. En catro días. Máis que calquera das outras .Grazas a todos/as polo grande traballo", expresou. 

Finalmente, o militante vigués e ex concelleiro na cidade, Gonzalo Caballero, non logrou converterse no terciero aspirante. Acadou algo máis de 800 apoios e quedou a uns 300 do mínimo esixido. 

Os datos oficiais do reconto de avais faranse públicos por parte do PSdeG a última hora desta tarde e os candidatos serán proclamados formalmente o vindeiro 19 de maio logo de resolver os posibles recursos. As primarias celebraranse o sábado 28 de maio e a campaña interna no socialismo galego levarase a cabo entre o 20 e o 27 de maio. 

Xoaquín Fernández Leiceaga © PSdeG-PSOE
José Luis Méndez Romeu © PSdeG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.