"Son un cuco amouchado, con centos de horas de sono atrasado"

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez CC-BY-SA Praza Pública

Na entrevista alternativa buscamos as fobias e filias (non só políticas) das e dos alcaldes galegos. Quince preguntas rápidas desvelarán as súas preferencias.

Percorrer as rúas e durmir pouco foron os motivos polos que Jorge Suárez rematou na alcaldía de Ferrol. É vigués de familia ferrolá e volveu á cidade militar, na que xa leva anos residindo, por amor.

O mellor almorzo leva...

Un café rápido para saír correndo da casa

Nunca saes da casa sen...

Móbil, carteira, tabaco e chaves

O primeiro que pensaches ao chegar ao despacho despois da investidura foi...

O estilo rococó non casa coa nova política no formal. No fondo, un sentimento de rachar cadeas e responsabilidade de asumir un mandato popular

Es ave nocturna como o moucho ou madrugador como o cuco?

Un cuco amouchado con centos de horas de sono atrasado

Que libro lle regalarías a Mariano Rajoy?

Ni tribunos, de Francisco Fernández Buey

E a Pablo Iglesias?

El eclipse de la fraternidad, de Antoni Domenech.

Marx ou Keynes?

Marx, pero fuxindo de clichés ortodoxos

Batman ou Spiderman?

Non son de superheroes, pero de escoller Spiderman. Batman como que é un pouco high class con mordomo propio

Xulio Ferreiro ou Martiño Noriega?

Os dous, condenados á irmandade de cidades rebeldes

Tsipras ou Varoufakis?

Syriza como exemplo de dignidade. Varoufakis porque xa o seguía en sinpermiso.info

A película infalible para mocear é...

Calquera tostón francés, que dea pé ao moceo por aburrimento

Los Limones ou F de Fecal?

En Ferrol, Cabe e Juan Padín, iconas FeC

Cal foi o último concerto ao que fuches?

Os mesmos da anterior, en campaña. E o fillo de Malay, unha amiga. AC/DC non pasou por Ferrol

Cine ou teatro?

Ambos, pero pouco vou, a vida política hipoteca o lecer

O que menos che gusta de Galicia é...

Que a Xunta estea en manos da dereita dos recortes. As torradas tamén, fobia persoal

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.