Vídeos | O voto hipster, de NÓS ou do PP?

Imaxes dos vídeos do PP e NÓS CC-BY-SA Praza Pública

Este luns, en plena ponte, o PP lanzaba un vídeo ás redes sociais. Co obxectivo de reivindicarse como "partido máis votado", os de Mariano Rajoy indican que teñen tal condición porque os vota "xente moi diferente", tanto que no seu electorado tamén se inclúen "hipsters". Na montaxe, que o partido reivindica como "orixinal e ocorrente", unha familia cuestiona a un dos seus membros como "indo todos os días a traballar en bicicleta" e "sendo vegano", pode votar ao PP, ao que o rapaz responde cos argumentos que o levarían a apoiar a Rajoy.

A chiscadela hipster do PP non é a primeira da campaña. Hai poucos días, dentro da súa serie de videos electorais, dende NÓS-Candidatura Galega reivindicaban que "non hai como ser de verdade". "Para modernos e modernas, NÓS!, ironizaban amosando varios mozos con gafas de pasta e longas barbas para, a continuación, rematar coa imaxe de Xosé Luís Rivas, Mini, membro d'A Quenlla e candidato ao Senado pola Coruña que loce unha poboadísima barba dende hai décadas -só barbeou unha vez, para conmemorar a saída de Fraga da Xunta-. Cara a onde irá o voto hipster?

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.