Votos con sementes de repolo

Repolo Dominio Público Praza Pública

Aquelas persoas que reciban un sobre electoral do Partido da Terra non atoparán dentro unha papeleta de voto. En cambio recibirán sementes de repolo como parte da campaña que esta formación leva a cabo para fomentar a soberanía alimentaria. As sementes, unha ducia, veñen acompañadas dunhas breves instrucións nas que o PT recomenda botar a semente neste mes de outubro, para colleitar en marzo. No sobre tamén se salientan as propiedades do repolo: “rico em vitaminas C, A, cálcio e β-caroteno, alto conteúdo em fibra. Fomenta a autossuficiência e a soberania alimentar”.

Uns dos aspectos centrais do ideario do PT é a defensa da soberanía alimentaria, a "insustentabilidade" do actual modelo enerxético e de consumo, os alimentos transxénicos e as patentes xenéticas, a necesidade dunha transición para ciclos curtos de produción e consumo local, a recuperación do rural e da biodiversidade, a permacultura ou a horticultura urbana.

Uns dos aspectos centrais do ideario do PT é a defensa da soberanía alimentaria, a "insustentabilidade" do actual modelo enerxético e de consumo ou a recuperación do rural

O Partido da Terra quere levar a cabo unha campaña imaxinativa e na que procura que os propios cidadáns e cidadás se impliquen e colaboren na difusión da súa mensaxe. Así, o PT está distribuíndo material de campaña para ser producido e distribuido localmente por calquera persoa. Por exemplo, un cartaz no que se pode ler Isto é Terra Liberada para que as persoas o coloquen nas xanelas da casa, do coche ou o colguen e partillen nas redes sociais. O lema fai referencia a que "a mudança e a libertação do País começa em cada um, nas nossas casas e nas nossas comunidades". O PT publicará no seu Facebook as fotografías enviadas polas persoas amosando o cartel.

O PT está distribuíndo material de campaña para ser producido e distribuido localmente por calquera persoa

Finalmente o PT tamén lanzou un cartaz-esquela para ser impreso en formato A4 ou A3 e colocado nos espazos electorais das parroquias, vilas e cidades polas persoas que desexen colaborar na campaña do partido. O texto comeza do seguinte xeito: "Dona Paciência das Galegas e Galegos finou no mês de outubro de 2012 com muitos anos de idade depois duma longa agonia infligida polos políticos deste País. As pessoas que integram as candidaturas comarcais do Partido da Terra, as afiliadas nas paróquias do País e no exterior e demais simpatizantes, defendem o fim da política profissional, renunciam a qualquer salário ou subsídio e aceitam assumir rotativamente a sua ata no Parlamento durante apenas um mês, para promover que as pessoas recuperem o seu direito a governarem-se livremente em democracia direta".

 

Repolo Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.