Xornada de reflexión: aspirantes ás alcaldías e á Eurocámara facendo cousas

Candidatas e candidatos na xornada de reflexión previa ao 26M CC-BY-SA Praza Pública

Vermús, o Festival de Cans, compras atrasadas durante a campaña ou música repítense nos plans de candidatas e candidatos nesta xornada

Na segunda xornada de reflexión en menos dun mes non todos os líderes das principais forzas políticas convocaron a prensa esta véspera das eleccións municipais para permitiren que a prensa os fotografase realizando actividades máis ou menos cotiás. Si o fixeron varias das persoas que encabezan candidaturas ás alcaldías das cidades galegas e tamén integrantes das listas ao Parlamento Europeo.

Vermús con familiares ou membros das candidaturas, o Festival de Cans, compras atrasadas durante a campaña ou música repítense nos plans de candidatas e candidatos, algúns dos cales tamén aproveitaron para acudir a citas festivas durante a xornada. Outros, pola contra, optaron por non ter axenda pública e dedicaren integramente o día á familia, ás amizades e ao descanso antes da intensa e decisiva xornada do 26M.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.