As "violencias" cotiás que as mulleres sofren no parto e na crianza: unha realidade invisible e asumida como "normal"
O grupo Maternidades Feministas publicou esta semana as conclusións dunha enquisa na que participaron preto de 300 mulleres, que detallaron os obstáculos que deben enfrontar a diario no sistema sanitario, por parte das institucións ou no mundo laboral. O informe péchase cunha proposta de medidas que presentarán ás administracións.