![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/xornal/uploads/fotos/foto/5518fdbc7ad15-image_gallery.jpeg)
O Goberno galego pagou xa 1,6 millóns por anular o concurso eólico do bipartito
A última sentenza do TSXG condena a Administración a indemnizar unha empresa con 842.000 euros, que se unen ás compensacións impostas para outras dúas firmas. A factura a pagar polo Goberno galego incrementarase axiña: media ducia de recursos están aínda pendentes de resolución.