![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/uploads/132334142-451560295839659-1590800716713305161-o-9053098.jpeg)
O peche de Gamesa dá outro golpe á economía e ao emprego de Ferrolterra e o norte de Galicia
O despedimento colectivo afecta 215 traballadores na planta das Somozas.
O despedimento colectivo afecta 215 traballadores na planta das Somozas.
A pesar do contexto favorable no sector eólico, o comité de empresa denuncia que "a día de hoxe non hai confirmación de novos pedidos. Na actualidade 240 persoas traballan na fábrica, despois da destrución de 59 postos de traballo hai unhas semanas
A plataforma, da que forman parte ADEGA, Fundación Oso Pardo, Petón do Lobo, Sociedade Galega de Ornitoloxía ou Verdegaia, sinala que o ditame podería condicionar a aprobación de novas instalacións proxectadas en espazos da Rede Natura
O Goberno galego defendeu a súa actuación como mera modificación do proxecto avalado por unha declaración de impacto ambiental dos derradeiros días do Executivo de Fraga. O TSXG sentencia que "non pode modificarse o que non existe", porque o parque non comezara a construírse daquela, e considera o proxecto como un novo parque eólico en Rede Natura, onde están prohibidos dende 2014
O Goberno galego recoñece oficialmente o beneficio económico que supón a “riqueza natural e paisaxística” da zona pero prioriza os muíños, con xa 44 planificados e obras previas en marcha
A paralización do concurso eólico decretada por Núñez Feijóo provocou a paralización do sector. Porén, o presidente da Xunta sacou peito este xoves sobre o incremento da potencia eólica no último ano: 415 MW e 18 novos parques eólicos. No 2020 continuará a tendencia de aumento.
Os colectivos maniféstanse a favor das enerxías renovables e sostibles, pero só se son ben planificadas e teñen en conta ás poboacións locais.
O último número da prestixiosa revista 'Energy Policy' publica unha análise do espectacular desenvolvemento eólico que tivo lugar en Galicia entre 1995 e 2009, que destaca que se levou a cabo sen participación das comunidades locais. Falamos con Xavier Simón e Damián Copena, dous dos seus autores, que dende o Observatorio Eólico promoven a "xustiza enerxética"
A patronal prevé xerar 5.000 empregos neste ano e sumar 23 parques máis, dando pulo a un sector freado tras cuestionadas decisións políticas nos últimos anos.
Este ano deben entrar en funcionamento 34 novos parques eólicos, que achegarán uns 700 megavatios á actual potencia instalada, que leva unha década estancada. En 2017 a porcentaxe de enerxía producida no país por fontes renovables caeu ao seu mínimo dende o 2005
O alto tribunal entende que toda a valoración no proceso estivo mal feito, pero que a anulación só debe aplicarse á zona que afectaba á empresa que recorreu ante o TSXG. A sentenza advirte da "inaplicación" por parte da Administración dun baremo e do "desistimento na súa función valorativa"
O presidente da Xunta destaca en Silleda "a firme aposta da Xunta por que Galicia siga á vangarda no sector das enerxías renovables" e promete a creación neste ámbito de 12.000 postos de traballo entre 2018 e 2020. A anulación do concurso eólico do Bipartito levou á paralización do sector.