
Paz-Andrade ensaísta: os soños dun ilustrado
En obras como Galicia como tarea (“o grande manifesto político e económico do nacionalismo progresista”, segundo Ferrín) ou La marginación de Galicia, o autor realiza unha análise da situación económica de Galicia e un programa sistemático de industrialización. O propio Beiras asegurou que “o cadro diagnóstico deseñado por Valentín hai dez lustros segue a describir aínda hoxe a patoloxía endémica deste país”