
Os estudantes de conservación e restauración queren seguir sendo universitarios
Os alumnos e alumnas da Escola Superior de Conservación e Restauración de Galicia sairán ás rúas de Pontevedra este mércores pola tarde para que os seus estudos sigan tendo a condición de Grao, en perigo por unha recente sentencia do Tribunal Supremo, que admitiu un recurso da Universidade de Granada contra o ordenamento das ensinanzas artísticas superiores.