Cara ás eleccións xerais
A Marea Galega colle folgos e acumula máis forzas proclives
A man tendida do BNG a unha candidatura "de amplo espectro", o impulso de Alberto Garzón (IU) á "unidade popular" no país e a aposta das forzas que conformaron AGE e as mareas dan azos a unha confluencia cidadá pola que avogan tamén sectores críticos de Podemos en Galicia.
O BNG aposta por unha candidatura galega unitaria "de amplo espectro" para as xerais
O Consello Nacional apoia lanzar unha proposta "dirixida á cidadanía e ás demais forzas para traballar mancomunadamente" na confluencia e conseguir "grupo propio no Congreso". IU cre que será "o pobo galego" quen defina a fórmula e pon Galicia como exemplo da "unidade popular".
Apostar pola confluencia, construír camiños en común
Manuel A. Fortes TorresMáis impulso para unha Marea Galega: "Non se pode agardar máis"
Voces do nacionalismo e da esquerda insisten nunha confluencia "ampla, aberta e de base cidadá" de cara ás xerais co obxectivo de que Galicia conte cun grupo propio no Congreso. Un manifesto impulsado por De Toro, Docampo, Fernández Paz e Xurxo Souto insta a unha unión "necesaria".