PP e PSOE recuperan forza, ao tempo que se desincha Ciudadanos
O Mirante do mes de xullo amosa un ascenso de populares e socialistas, que en conxunto superarían o 50%, un nivel que había meses que non acadaban. Podemos baixa dúas décimas e estabilízase ao redor do 19% do voto e os 70 escanos. Ciudadanos perde dous puntos e dez escanos nun mes.