Caso Jimmy
"Para acabar coa violencia no fútbol tamén hai que darlle voz á bancada"
ENTREVISTA Manuel González Ramallal, doutor en Socioloxía, experto en socioloxía do deporte, galego e deportivista reflexiona sobre o futuro do fúbol e as bancadas tras o asasinato do afeccionado ultra do Deportivo en Madrid a pasada fin de semana.
Fútbol e violencia: están aí
Praza PúblicaO asasinato do seareiro en Madrid pon un punto e aparte no trato aos ultras
O peche "provisional" da bancada onde se sitúan os Riazor Blues por parte do Deportivo tan só é unha medida inicial á espera de que remate a investigación policial e se aclaren os feitos. O grupo ultra medita a súa disolución definitiva tras os graves incidentes do pasado domingo.
As dúbidas arrodean o asasinato do afeccionado do Deportivo
A policía ignoraba que os ultras branquiazuis viaxaban a Madrid, considerou o partido de "baixo risco" e nega que a pelexa fose pactada entre os dous grupos radicais. Ningún dos máis de vinte detidos é autor da malleira ao seareiro falecido.