 
            Galicia a debate
  
  - O primeiro pacto galego anticorrupción implica recortar á metade a campaña electoral- O PP logra o apoio do PSOE para o seu plan de "prevención" de prácticas corruptas aínda que os socialistas o consideran insuficiente. O debate de política xeral remata cunha ducia de acordos entre grupos, 8 unanimidades, entre elas a condena do franquismo, e o 96% das propostas da oposición rexeitadas. Os conservadores sacan adiante en solitario a súa iniciativa contra o soberanismo catalán. 
  - Feijóo promete atender 2.000 dependentes máis, menos dos que recortou no último ano- O presidente da Xunta asegura no debate de política xeral que incrementará a atención á dependencia en 2.000 persoas despois de que o sistema perdese no último ano 2.260 beneficiarios, segundo datos oficiais. A oposición non advertiu esta circunstancia, se ben lle reprochou a tesoirada na aplicación desta lei. 
  - O debate que non foi trending topic- A tropa dixital reclutada polos partidos, especialmente polo PP, non logrou incrementar o interese cidadán polo debate de política xeral, cuxa primeira sesión rematou cun incremento da tensión e unha perspectiva de escasos pactos para a segunda xornada, que se celebra o xoves. 
  - Romeu ve a Feijóo máis preocupado pola súa promoción persoal que por Galicia- O voceiro socialista lémbralle ao presidente da Xunta que "o paro, a pobreza e a desigualdade aumentan cada día" en Galicia e critícalle a súa "falta de credibilidade" tras fracasos en promesas como a carga de traballo para o naval ou o concurso eólico. 
  - Jorquera insta a que o "pulo democrático" implique dereito a decidir e freo á corrupción- O voceiro do BNG alerta de que Galicia "corre o risco de perder o último tren" pola "submisión" de Feijóo e esixe abordar reformas en financiamento autonómico e loita contra a corrupción 
  - Beiras chama á "unidade de acción" e a "potenciar a marea cidadá" contra o PP- O voceiro de AGE insta as organizacións políticas a "achegar ideas e esforzo militante" a unha "rebelión cívica" contra as políticas da "dereita extrema" e cualifica de "tráxica" a situación dunha Galicia "agredida desde as institucións constituídas para a súa autodefensa". 
  - Feijóo estáncase no triunfalismo ante a crise e promete un "pulo democrático"- O presidente da Xunta dá por iniciada a recuperación económica e mantén que abonda con manter as súas políticas para resolver problemas como o paro. O xefe do Executivo apela a unha "resposta política" de Galicia contra o proceso soberanista catalán e anuncia media ducia de medidas aprobadas no debate de 2013. 
  - A Xunta incumpre a metade das resolucións do debate da autonomía de 2013- O Parlamento celebra dende este martes un novo debate de política xeral mentres o Goberno está a aplicar apenas 20 iniciativas das aprobadas na sesión do pasado ano.