
As Letras 2013, para Vidal Bolaño
A Real Academia escolleu o dramaturgo por maioría, polo seu papel "na creación dun público para o teatro galego" e porque "por enriba de todo, foi un extraordinario escritor"
A Real Academia escolleu o dramaturgo por maioría, polo seu papel "na creación dun público para o teatro galego" e porque "por enriba de todo, foi un extraordinario escritor"
Ao redor das oito e media da tarde, unha vez que a Academia conclúa o seu pleno ordinario, coñecerase o nome do ou da homenaxeada no vindeiro ano. Carlos Casares, Roberto Vidal Bolaño, Antonio Fernández Morales, Xosé María Díaz Castro, Carvalho Calero ou mesmo Rosalía... As apostas están abertas.
“Ter no país unha figura como a de Vidal Bolaño e mirar cara a outro lado é unha inxustiza”. Está é unha das conclusións que transmite Xosé Manuel Fernández Castro (Santiago, 1963). A finais do ano pasado este profesor publicou en Laiovento A Obra dramática de Roberto Vidal Bolaño, libro que fura na traxectoria vital e profesional do dramaturgo. Praza aproveita a campaña que promove as Letras Galegas para Vidal Bolaño para recuperar o libro e falar con Fernández Castro.
O grupo de promotores busca adhesións e comunicarase proximamente coa RAG para acada a necesaria homenaxe ao escritor, que se podería converter no primeiro dramaturgo homenaxeado coas Letras. “ Os tempos deberían ser chegados para ese xénero que segue sendo literario. Cincuenta anos pasaron polo 17 de Maio e trinta polo teatro galego e a súa profesionalización”, reivindícase no manifesto da campaña que xa apoiaron preto de 300 persoas.
O intérprete Antonio Durán Morris recibirá o premio Pedigree 2012 da IX edición do Festival de Cans, que se celebrará entre o 23 e o 26 de maio. O actor, que vén de recibir o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina por Doentes, recoñece a súa satisfacción polo galardón dun festival, Cans, que viu “medrar dende os comezos”. Praza aproveita a ocasión para falar co actor do sector audiovisual, das artes escénicas, do CDG, de Vidal Bolaño e, como non, da omnipresente crise.
Rubén Ruibal debulla para Praza as súas visións sobre o momento creativo do teatro galego, reivindica a figura de Vidal Bolaño, do que este ano farán dez anos do seu pasamento, e salienta o bo nivel dos autores dramáticos do país: Vanesa Sotelo, Fernando Epelde ou Santi Cortegoso. Video no interior.
O director Jorge Coira levará ao cine a obra teatral de Ruibal Limpeza de sangue. Os dous creadores falan con Praza da futura película, da crise, da corrupción e dos recortes en cultura da Xunta