Luces e algunhas sombras no Ano Vidal Bolaño
Pedímoslles a Belén Quintáns, Paco Macías, Rubén Ruibal e Carlos Santiago que fagan unha valoración das celebracións, actividades e recoñecementos organizados arredor do autor homenaxeado nas Letras 2013.
Pedímoslles a Belén Quintáns, Paco Macías, Rubén Ruibal e Carlos Santiago que fagan unha valoración das celebracións, actividades e recoñecementos organizados arredor do autor homenaxeado nas Letras 2013.
Repasamos o affaire Portomeñe, un enfrontamento de ideas e palabras entre o daquela conselleiro de Cultura e o escritor nos primeiros pasos do Centro Dramático, que lle pecharía as portas en 1985 ao non ser aceptado como actor para a montaxe de Follas novas, e que abriu un debate sobre a autonomía teatral no seo da profesión
A RAG celebra o seu plenario extraordinario co gallo do Día das Letras reivindicando o legado de "insobornable compromiso" de Vidal Bolaño co galego e co seu presidente censurando o mercado do que "todos somos vítimas".
Durante os últimos meses, lembramos as múltiples facetas dun animal da escena, dun home polifacético do teatro. Hoxe tamén queremos lembrar o Vidal Bolaño que bebeu os ventos por unha sétima arte que sempre lle foi demasiado esquiva.
Varios persoeiros asinan un manifesto no que deixan claro que hai "motivos dabondo" para se manifestar a prol da lingua propia este Día das Letras en Compostela.
A editorial Positivas está a lanzar este ano as Obras Completas de Vidal Bolaño, un proxecto no que o selo vén traballando dende finais do 2011. Francisco Macías, director de Positivas, e Xosé Manuel Fernández Castro Pepes, autor do estudo A obra dramática de Vidal Bolaño (Laiovento, 2011), encárganse da edición.