A Xunta só ten operativo un helicóptero de extinción de incendios
CIG, CC.OO., UGT e CSIF alertan de que só está dispoñible unha aeronave, con base en Toén (Ourense) que debe cubrir toda Galicia. A pasada semana unha brigada helitransportada de Pontevedra desprazouse en coche para traballar no incendio de Lousame, que queimou 28 hectáreas.