Un novo contrato en período de alto risco alarga o estrago dos helicópteros contra incendios
A Xunta convoca de urxencia un concurso negociado sen publicidade para poder dispoñer en agosto dos helicópteros que substituirán os hidroavións cuxa contratación ficou deserta. A operación pasa de custar uns 860.000 euros á contorna do millón e medio.