
Almunia aprema o Estado a que presente xa unha alternativa para o naval
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, esixe "unha resposta urxente" para os estaleiros galegos nunha reunión co comisario europeo, que insiste no modelo francés como alternativa ao tax-lease. Feijóo di que "non descansará" ata lograr "unha solución xusta e equitativa".