![](https://praza.gal/media/cache/news_article_thumbnail/xornal/uploads/fotos/foto/50af613e980a9-image_gallery.jpeg)
A Xunta desafía o TSXG e seguirá consultando aos pais a lingua do ensino
O conselleiro Jesús Vázquez advirte que nin se derogará o decreto nin se fará reforma ningunha e ameaza con presentar un recurso de casacion á sentenza do Superior.
O conselleiro Jesús Vázquez advirte que nin se derogará o decreto nin se fará reforma ningunha e ameaza con presentar un recurso de casacion á sentenza do Superior.
O TSXG afirma que a Administración non pode “abdicar” das súas responsabilidades e que a elección de lingua no ensino fica “fóra” da “esfera de elección dos pais”. A sentenza tamén salienta que que o galego debería ter “un trato diferenciado sobre o castelán nunha proporción razoable” para garantir a igualdade entre os dous idiomas oficiais.