Novo pau á política lingüística da Xunta ao estimar en parte o TSXG o recurso da RAG
Ao igual que a sentenza da pasada semana, declara ilegal a consulta aos pais e a posibilidade de que o alumno empregue o idioma que elixa na clase. "A participación da familia non pode dar pé a que determine a lingua que se empregará na aula", di o Tribunal.