A xuntanza dos EUA con Dinamarca non mingua a tensión: "Trump quere conquistar Groenlandia"
"Non conseguimos cambiar a posición estadounidense. Está claro que o presidente ten este desexo de conquistar Groenlandia", lamenta o ministro de Exteriores danés, que asegura manterse firme no dereito de autodeterminación do pobo groenlandés. Suecia, Noruega e Francia únense a Dinamarca no exercicio militar 'Operación Resistencia Ártica', na que o Goberno de España non desbota participar