Medra a audiencia que paga por ler medios en internet nun clima de desconfianza cara ás noticias
Segundo a última edición do Digital News Report, un 11,7% de internautas paga por acceder a medios e o 42% opta polo pagamento regular, once puntos máis que en 2020. A enquisa amosa un incremento no número de persoas que evitan deliberadamente as noticias por fartura, desánimo ou desconfianza: case un 70%. Reflicte tamén que a información máis próxima é a que máis interesa