ParanoIA
A Intelixencia Artificial está presente cada día nos medios de comunicación. Moitas veces de forma equivocada, esaxerada ou mesmo distópica. Isto é moi negativo, xa que provoca desinformación, deformación da realidade e, o que é peor, unha alarma innecesaria, que ademais pode distraernos do que si é real e xa ocorre agora. Debemos centrarnos en abordar os riscos reais e actuais da IA, en lugar de alarmar a sociedade con futuros escenarios apocalípticos. Regular a IA dun modo racional, definir normas éticas con sentido común e deseñar e aplicar protocolos de seguridade rigorosos, é unha parte importante do camiño a seguir. Un texto de Senén Barro e Alberto Bugarín publicado orixinalmente en Grial