Grial en Praza

  • Andrés do Barro e o pop fixo ¡pum!

    Andrés Lapique do Barro é un dos grandes mitos da música galega. A el débeselle a xénese do pop en Galicia. Un pop melancólico e intemporal con tinguiduras folk que mestura a canción popular e a modernidade. Autor da letra e música de catro números un en España cantando en galego en plena ditadura franquista: un logro que só el acadou. E todo en apenas tres anos

  • De igual a igual: o que non se nomea non existe

    "A flexión de xénero nas linguas romances é un signo, e non a causa ou única mostra do machismo na linguaxe, que radica exclusivamente na mentalidade social, onde este prevalece". Esa é a razón pola que Llerena Perozo propón "que a batalla contra esta realidade debe facerse desde un uso consciente da semántica e o seu léxico".

  • Greenwashing e silenciamento epistémico en Galicia. Análise do discurso de Greenfiber (Altri)

    O proxecto industrial de GreenFiber para instalar unha planta de celulosa presentouse como unha aposta pola innovación e a sostibilidade. Non obstante, a súa proposta xerou unha forte controversia social e política, especialmente polo seu impacto ambiental, a opacidade informativa e a falta de alternativas máis sostibles. Neste artigo analízase ese discurso dende unha perspectiva interdisciplinaria, combinando a comunicación crítica coas cuestións ambientais e sociais