Ángel Bravo Portela

Ángel Bravo Portela

Enxeñeiro técnico agrícola especializado en estudios de delimitación territorial sobre montes veciñais, demarcacións parroquiais e entidades municipais, con intervencións periciais en litixios de certa repercusión nos medios: o preito dos veciños de Salcedo contra o Ministerio de Defensa ou no das canteiras de O Porriño, entre outros moitos. Tamén ten intervido na asistencia técnica a diversos colectivos, como a Plataforma Salvemos a Fracha contra o trazado da autoestrada A-57.