"China é un novo colonialismo: constrúen estradas a cambio do fortalecemento do seu propio país"
O profesor Thomas Tufte estivo en Compostela no encontro da Rede Europa América Latina de Cooperación e Desenvolvemento. Defende que a comunicación para o desenvolvemento implica "un cuestionamento ao proxecto de desenvolvemento hexemónico neoliberal que pon a énfase no crecemento económico e nun mercado libre, cun gran custe social".
A prostitución en crise
Que facer se quedas sen traballo e sen unha fonte de ingresos mensuais? Cada vez máis mulleres en apuros económicos procuran saídas no mercado do sexo. Entre elas, inmigrantes que deixaran a prostitución e que teñen que volver a ela para poder seguir adiante. Mais tamén galegas e españolas, fabas moi contadas até hai un par de anos nos prostíbulos. Atópanse, porén, cun negocio á baixa, que acrecenta sobre elas o poder dos clientes e dos proxenetas. Baixan os prezos, diminúe a demanda, acéptanse con máis facilidade prácticas de risco...
O patrimonio secuestrado
Disque aqueles países máis avanzados son os que máis coidan o seu patrimonio. Mais en Galicia, onde pistas forestais, parques eólicos e grandes obras públicas como o porto exterior da Coruña, arramplan con poboados castrexos únicos, nunca se creu moito nesta premisa. Herdeiros pola forza, o libro que veñen de presentar o xornalista Manolo Gago e o arqueólogo Xurxo Ayán en 2.0 Editora, dá conta desta realidade.
Unha factura de 350 euros por ir a urxencias?
Unha parella de orixe cubana (el con nacionalidade española) levou a súa filla de dous meses a urxencias. Dado que non contaban co suficiente tempo de empadroamento para teren acceso á tarxeta sanitaria (despois da modificación efectuada polo goberno Feijoo en setembro), un mes despois recibiron unha factura de 351,01 euros.