Unha multitude independentista ateiga o centro de Barcelona
Decenas de milleiros de persoas enchen a capital catalá con proclamas a favor do referendo. O Govern insiste en que se celebrará a consulta porque o quere "a maioría dos cidadáns": "Dá igual a reacción do Estado, isto non o para ninguén". En Marea e BNG, presentes na manifestación.
O Parlament catalán aproba a lei do referendo e o Goberno central inicia a ofensiva xudicial
O bloque soberanista culmina o trámite exprés da norma, cuestionada polo Consell de Garanties, mentres que Ciutadans, PSC e PP ven lesionados os dereitos dos deputados e agardan a intervención do Constitucional.
Fernández Díaz asegurou que Rajoy coñecía as súas manobras para incriminar independentistas
"O presidente do Goberno sábeo. Eu díxenllo a el, é un home discreto onde os haxa", asegurou o ministro do Interior en funcións ao xefe da Oficina Antifrau de Catalunya durante a xuntanza na que ambos manobraron contra as forzas soberanistas.