Puigdemont clama por unha mediación e rexeita a mensaxe do rei
“Amosaremos a mellor cara deste país cando as institucións de Catalunya teñamos que aplicar o resultado do referendo”, limitouse a dicir o presidente da Generalitat sobre os seus próximos pasos
Últimas chamadas ao diálogo para evitar a DUI e a aplicación do artigo 155 en Catalunya
A mesa de partidos impulsada por Unidos Podemos propón que Goberno central e Generalitat pacten unha mediación antes de que o vindeiro luns o Parlament declare a independencia. A Audiencia Nacional imputa o xefe dos Mossos e os presidentes de Òmnium Cultural e a ANC por sedición.
Dura mensaxe do rei contra o Govern tras outra masiva mobilización catalá
Nunha duramensaxe, Filipe VI censurou con dureza a Generalitat e cualificou o procés como un movemento "á marxe do dereito e da democracia" e alfombrou o camiño cara ao artigo 155. Mentres, milleiros de cataláns volven saír á rúa para protestar contra a actuación policial do 1-O
A Generalitat cifra en 2 millóns os votos pola independencia cunha participación do 42%
Puigdemont convoca unha reunión extraordinaria do seu goberno e o seu portavoz di que non houbo ningún contacto con executivo de Rajoy
Veciñanza e familias catalás ocupan colexios para mantelos abertos ata o 1-O
Os Mossos levantan actas nos centros ocupados e advirten de que deben ser desaloxados o domingo. O Govern estima que a actuación xudicial e policial pode chegar a bloquear completamente a votación e traballa na resposta
Os Mossos advirten dos riscos de precintar colexios mentres medra a mobilización en torno ao 1-O
Trapero advirte á Fiscalía que pechar centros e impedir votar pode provocar "consecuencias non desexadas" ao tempo que estudantes, universidades, sindicatos ou comunidade educativa únense na defensa do referendo. A AN investigará se houbo delito de sedición nas protestas de Barcelona.
A Fiscalía ordena aos Mossos inutilizar e precintar os colexios do refendo catalán
A policía catalá empezou xa a identificar directores de colexios por orde xudicial para evitar o 1-O, terá que pechar os centros de votación e desaloxalos antes do sábado e ata o domingo á noite. Ve con "moita preocupación" as directrices porque poden crear "graves problemas de orde pública"
O independentismo catalán tenta blindar a votación do 1-O ante a intervención policial
Universitarios e grupos en defensa do referendo prepáranse para facer garda e protexer os colexios electorais. Centos despiden gardas civís e policías camiño de Catalunya a berros de "¡a por ellos!". Policías citáronse por whatsapp para cercar o acto de Unidos Podemos en Zaragoza.
Facenda lanza unha web que detalla como impide que a Generalitat financie o 1-O
Provedores e órganos de contratación deben certificar que os contratos coa Generalitat non financian "actividades ilegais ou contrarias ás decisións dos tribunais". O fiscal xeral do Estado di que "polo momento" non é "oportuno" pedir a detención do presidente Puigdemont
A Generalitat négase ao control dos Mossos por parte do Estado
A Fiscalía comunica que será o Ministerio de Interior quen coordine o labor para impedir o referendo do 1-O, que queda en mans dun coronel da Garda Civil. O conseller de Interior anuncia que a Generalitat rexeita a orde e que non renunciarán "nunca a exercer as competencias propias".
A operación da Garda Civil polo 1-O desata unha vaga de protestas en Catalunya
Detidos 14 cargos da Generalitat, entre eles o 'número dous' de Junqueras. A operación aumenta a tensión e une no rexeitamento a independentistas, 'comuns' ou Podemos. Puigdemont asegura que o referendo segue adiante, Rajoy advírteo de "males maiores" e miles de cidadáns mobilízanse
Ofensiva xudicial contra a consulta do 1-O e a súa difusión
O Constitucional, que vén de suspender a lei transitoriedade, notifica ao director dos medios públicos cataláns que non pode difundir a campaña de publicidade da Generalitat. A Fiscalía dá ordes a Mossos, Policía e Garda Civil para requisar urnas, sobres ou calquera material para o referendo