Veciñanza e familias catalás ocupan colexios para mantelos abertos ata o 1-O

Un dos colexios nos que familias desenvolven actividades para impedir o seu peche Dominio Público Catalunya Plural

Sen recibir o nome de 'ocupacións', decenas de colexios electorais do 1-O énchense dende este venres de actividades lúdicas que durarán toda a fin de semana, co único obxectivo de garantir a súa apertura o domingo para que a xente poida votar no referendo convocado pola Generalitat, que cuantifica un total de 2.315 colexios.

Organizacións veciñais, sociais e ANPAS denomínanas festas de inicio de curso, xornadas de portas abertas ou celebracións do outono para manter abertas as portas dos centros educativos ou, o que é o mesmo, de tres de cada cinco puntos de votación. Onde non chegan estas asociacións, as actividades organízanas os chamados Comité de Defensa do Referendo.

Estas iniciativas, cunha nutrida presenza da comunidade educativa, enmárcanse na proposta da plataforma Escoles Obertes, que aínda que ao principio chamaba só a mobilizarse o mesmo 1-O fronte aos colexios, nas comunicacións mandou este venres aos máis de 50.000 inscritos na súa web xa pedía "encher de actividade e de xente" desde que se acabase a xornada lectiva.

Os Mossos levantan acta nos colexios

Tras o inicio destas mobilizacións os Mossos d'Esquadra acudiron durante a tarde do venres aos centros. Na maioría pediron identificación dun responsable  e informaron as familias e veciños de que o domingo pola mañá o recinto debe estar baleiro, o que implicaría cumprir a orde xudicial de impedir a votación, xusto a que as ocupacións tentan impedir. Esta orde superou a ditada pola Fiscalía, que mandara precintar os centros educativos dende o venres.

A Policía catalá comunica que o domingo os recintos educativos teñen que estar baleiros

A maioría de ocupacións transcorren ata agora sen incidentes. A excepción máis destacable é a do colexio Collaso i Gil, no barrio do Raval de Barcelona, onde os Mossos d'Esquadra impediron a entrada dos veciños despois de que a directora do centro os chamase. Só puideron entrar ao principio unha trintena de persoas, que quedaron pechadas durante horas no centro, pero ao marchar os Mossos os activistas que estaban fóra acabaron saltando o valo.

Os escenarios que manexa o Govern

Puigdemont, con responsables de centros educativos favorables ao referendo / Govern de la Generalitat

Mentres comezaban as mobilizacións e Barcelona acollía o multitudinario acto presentado como peche da campaña do 1-O, o Govern catalán segue a valorar os escenarios aos que se pode enfrontar este domingo sen desbotar o bloqueo total do referendo, segundo informa Arturo Puente para Catalunya Plural. O chamado 'Estado Maior' da consulta, un órgano informal de coordinación que xunta representantes da Generalitat e das direccións de PDECat e ERC, estudou durante a última semana os escenarios máis probables para reducilos a catro e trazar respostas a cada un.

O Govern estima que a actuación xudicial e policial pode chegar a bloquear completamente a votación

De forma pública, o Govern asegura que está en condicións de garantir que a xornada do 1-O se produza unha votación con poucas incidencias e en condicións similares á normalidade. Neste caso, afirman, no probable escenario de que gañase o "si", activarían os mecanismos da lei de transitoriedade xurídica, tamén suspendida polo TC como o propio referendo e que prevé unha declaración independencia inmediata se son rexistrados máis votos afirmativos que negativos.

Acto final da campaña do referendo, este venres en Barcelona / Praza Pública

No seo do soberanismo existen discrepancias sobre a declaración unilateral de independencia

No caso de que na noite deste domingo os impedimentos xudiciais impediron chegar a elaborar actas de votación ou, por exemplo, fixeron imposible o reconto, o Govern tentará salvar o rexistro de participación. Se o bloqueo se estende tamén a estes datos, terán que admitir que o referendo non puido celebrarase e será a quenda da discusión política: a contorna de Puigdemont mantén que "non está enriba da mesa nestes momentos" unha declaración unilateral de independencia", se ben outros sectores do soberanismo si a defenden.

Existe aínda outra hipótese; que as forzas policiais impidan votar pero non o fagan completamente. Neste caso, o Govern tería que analizar a partir de que índice de colexios abertos poden dar o referendo por válido. Se non poden funcionar máis da metade, os responsables da votación inclínanse por considerar a situación como de impedimento total.

Nais e pais do colexio Auró de Barcelona, pasando a noite no centro Dominio Público Catalunya Plural

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.