21D: Catalunya vive a súa noite electoral máis tensa
ERC e Ciudadanos pelexan pola vitoria nuns comicios que decidirán se o independentismo mantén ou non a súa maioría absoluta. As enquisas publicadas tras o peche dos colexios dan ao partido laranxa como gañador e ao bloque soberanista con posibilidades de gobernar
Masiva manifestación en Barcelona pola "liberdade dos presos políticos"
Milleiros de persoas saen á rúa para reclamar a posta en liberdade dos ex-consellers e activistas encarcerados, que piden manter as mobilizacións, "unidade" e unha mobilización masiva nas eleccións do 21-D nas mensaxes lidas ao final da manifestación
O xuíz belga deixa en liberdade provisional a Puigdemont e os seus ex-consellers
O ex-president e catro dos seus consellers declararon durante cinco horas tras presentarse na mañá deste domingo nunha comisaría de Bruxelas
ERC aposta por unha lista unitaria con condicións para o 21-D e os non independentistas xa teñen candidatos
Colau consultará á militancia a continuidade do seu pacto de goberno en Barcelona co PSC e a CUP decidirá o día 12 de novembro se concorre aos comicios e como. Catalunya en Comú propón a Xavier Domènech como o seu candidato.
A AN rexeita a liberdade dos Jordis e o PDeCAT propón unha lista de país o 21-D
A antiga CiU aposta por unha candidatura conxunta que incorpore todos os partidos que fagan fronte ao 155 e pidan a amnistía dos presos independentistas e avoga pola inclusión nela dos ex-consellers encarcerados
A xuíza encarcera a Junqueras e oito ex-consellers e o fiscal pide deter a Puigdemont
A maxistrada cre que hai un alto risco de reiteración delictiva e de destrución de probas e sinala que o seu alto poder adquisitivo permítelles "abandonar o territorio español e subsistir no estranxeiro". Santi Vila, que dimitiu un día antes da DUI, podería eludir a cadea se paga 50.000 euros.
Puigdemont apela á "oposición democrática" á intervención da Generalitat
Nas primeiras horas de aplicación formal do 155 o Goberno de España cesou a Trapero como responsable dos Mossos. Puigdemont non se dá por cesado nun discurso televisado no que anima á mobilización "cívica" e "pacífica"
O Parlament proclama a independencia de Catalunya e o Estado desprega o 155
A resolución establece “a república catalana como Estado independente e soberano, de dereito democrático e social” e foi aprobada con 70 votos a favor, 10 en contra e dous en branco e a ausencia dos deputados de C's, PSC e PP. Rajoy anuncia medidas inmediatas contra un acto "delitivo"
Puigdemont non convoca eleccións ao non ter "garantías" de que o Estado free o 155
O president negociou nas últimas horas co Goberno de Rajoy unha eventual convocatoria electoral e reclamou garantías de non intervención das institucións catalás e duns comicios "con normalidade" que, dixo, non conseguiu. Agora, o Parlament decidirá a resposta ao 155.
Puigdemont suspende a declaración de independencia na procura de diálogo
Asume "o mandato de que Catalunya se convirta nun estado independente en forma de república" tras o 1-O pero tamén que proporá "que o Parlament suspenda os efectos da declaración de independencia" para rebaixar a tensión e buscar a mediación e o diálogo co Estado
Gas Natural e Caixabank únense á fuxida de empresas de Catalunya que o Goberno facilita vía decreto lei
O consello de ministros dá o visto e prace ao Real Decreto Lei que modifica a Lei de Sociedade de Capitais para permitir o trasladao da sede social das empresas sin autorización da xunta de accionistas. A enerxética decide mudarse a Madrid aproveitando un cambio que non rexeita o PSOE
O Constitucional volve actuar contra o Parlament, que tenta celebrar o luns un pleno
O tribunal suspende a pretendida comparecencia de Puigdemont invocando a tamén anulada lei do referendo pero Catalunya Sí Que Es Pot volve pedila amparándose no regulamento en vigor da Cámara. Rajoy advirte a Puigdemont de "males maiores" se insiste na folla de ruta mentres Goberno central, PP, PSOE e Ciudadanos rexeitan un diálogo con mediadores.