Unha xeración perdida para o cómic en galego?
Eduardo Maroño repasa a historia recente da banda deseñada recente, dende Polaqia e o seu Barsowia aos éxitos de Emma Ríos, David Rubín e José Domingo. Pero pregúntase "que foi do galego?" neste percorrido ou da publicación de autores do país nas editoriais galegas
“Os ecos de tantas páxinas de BD andan polos meus libros”
Lector apaixonado de cadriños, Agustín Fernández Paz foi pioneiro da incorporación do cómic ás aulas. Entrevista de Eduardo Maroño
A BD galega que vén
O pasado ano publicáronse 20 títulos en lingua galega, unha cifra que pode parecer modesta pero que supón un incremento notable con respecto ao ano precedente. 2013 foi un ano de expansión para a BD en galego, mais as opinións que chegan do sector editorial convidan a sermos prudentes nas valoracións.
O regreso de Astérix
Eduardo Maroño fálanos de Astérix e os pictos, o novo álbum da serie e o primeiro que non conta coa participación de ningún dos seus creadores, Albert Uderzo e o xa falecido René Goscinny.
“É unha mágoa que un cómic no que puxemos tantas ganas estea nun limbo editorial"
'Uxío Novoneyra: A voz herdada', obra de David Rubín e Kike Benlloch, foi publicada pola Xunta en 2010, pero non contou cunha distribución comercial e a súa difusión foi limitada, converténdose nun título pouco coñecido. Os autores reflexionan agora sobre este libro "fantasma".
“Hai un público que aplaude a aparición de títulos de referencia da banda deseñada en galego”
Rinoceronte Editora vén de publicar en galego Gorazde, zona segura e Palestina, de Joe Sacco. Eduardo Maroño fala con Anxa Correa, responsable da área de banda deseñada da editora canguesa.