O Supremo avala por unanimidade a exhumación de Franco do 'Valle de los Caídos'
Os seis xuíces ditaminan que o cadáver do ditador debe abandonar Cuelgamuros porque a lei prevé que torne nun espazo de recoñecemento das vítimas da Guerra Civil e da ditadura. Avalan ademais a decisión gobernamental de soterrar o ditador nun cemiterio do barrio madrileño de El Pardo e non na catedral de La Almudena, onde pretendían situalo os herdeiros
Aznar nega a 'caixa B' do PP que acreditou a Xustiza e mófase da esquerda parlamentaria
O ex-presidente do PP e do Goberno de España desvincúlase no Congreso do financiamento irregular que a Xustiza deu por probado na súa etapa á fronte do partido e dá en negar, nun ton irado, a participación na guerra de Iraq que el mesmo promoveu