Gonzalo Rodríguez Mourullo

Gonzalo Rodríguez Mourullo

Compañeiro de xeración de Xosé Luís Franco Grande, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Medalla Castelao 2003, estudou Dereito na USC e foi catedrático de Dereito Penal na Universidade de Oviedo, na USC e na Universidade Autónoma de Madrid dende 1970. 

Recoñecido como un dos grandes especialistas en Dereito Penal, quen tivo un destacado papel como relator xeral do proxecto de Código Penal de 1980 e tamén na elaboración do de 1995, Rodríguez Mourullo foi tamén un fondo renovador da literatura galega nos seus anos mozos, gañador en 1954 do primeiro premio de contos do Centro Galego de Bos Aires e autor de obras emblemáticas como Nasce unha árbore ou Memorias de Tains