Pallasos en Rebeldía no Sahara: De Camelos, Haimas e Revolución de narices
No centro de Dajla unha media lúa de haimas fai ás veces de anfiteatro no que mostrar un espectáculo extraordinario: durante varias horas comunidades de diferentes campamentos de refuxiados demostraban a súa cultura e costumes, bailando e recibindo aos visitantes baixo a carpa tradicional.
Risas entre a area: Pallasos en Rebeldía no Sahara
Pallasos en Rebeldía participa no Festival de Cine do Sahara (FISAHARA), que leva case unha década "chegando nos seus avións cargados de soños en forma de celuloide, para romper o muro de silencio e complicidade que España e as institucións europeas levantou en base aos seus intereses económicos con Marrocos". Crónica de Iván Prado dende Tindouf