Pallasos en Rebeldía no Sahara: De Camelos, Haimas e Revolución de narices

© Pallasos en rebeldía

No centro de Dajla unha media lúa de haimas fai ás veces de anfiteatro no que mostrar un espectáculo extraordinario: durante varias horas comunidades de diferentes campamentos de refuxiados demostraban a súa cultura e costumes, bailando e recibindo aos visitantes baixo a carpa tradicional.

Nómades, camelos, resistentes da guerra contra Marrocos e mulleres que mantiveron a vida nos campamentos durante os duros anos de confrontación bélica, comparten escenario cos actores do cine español, os visitantes solidarios e unha delegación do Circo Social que virá.
Un exército de narices vermellos invade o zoco das culturas rodeado de montañas de nenos/as saharauís que perseguen os zancos de Andrea e Anselmo, o cabalo de Lokonuk e a maxia de Pablo. Abrazamos aos militares, actuamos para as compañías folclóricas, e acabamos subidos nos camelos… Cando o acto acaba, improvisamos unha clase de acrobacias con nenas e nenos, que se levantan sobre os meus ombreiros coa V de vitoria formada nos seus dedos e tatuada no seu sorriso.

Resistentes da guerra e mulleres que mantiveron a vida dos campamentos nos anos duro comparten escenario cos actores do cine español

Ducias de cámaras de televisión rexistran esta Mini Expo do mundo árabe, na que durante un día os campamentos saharauís convértense na asemblea xeral das nacións unidas, na esperanza.

Dúas horas de payasadas rebeldes dentro do mellor festival de cine do mundo, o FISAHARA, 2 horas que se converten nunha promesa de futuro: regresar pronto a este recuncho do mundo onde a xustiza está esperando a levantar o voo, onde a humanidade dorme baixo promesas vacuas de políticos corruptos, onde a liberdade está tan lonxe como as costas que lles roubaron ao pobo saharauí….
Durante dúas horas a risa deste pobo encheu o deserto de primaveras novas.

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.