Semana Santa do 1995. Aeroporto Militar de Tindouf, 20h aprox. Baixamos do avión directamente á pista entre berros de militares alxerinos, 60 persoas, entre elas parlamentarios/as galegos, familias que acollen nenos saharauís no verán, xornalistas e integrantes do movemento solidario. A miña primeira viaxe africana, a miña primeira convivencia con refuxiados, a miña primeira visita ao deserto...
De camiño a Rabuni, o bus sáese do camiño sobre as pistas de area que o chófer segue intuitivamente xa que non hai luces nin sinais, e toda a xente baixámonos a sacar o bus das dunas, os saharauís que nos acompañan fan chistes, rinse, e celebran con aplausos cando o bus arrinca de novo. É a benvida dun pobo en resistencia...
Para cando chegamos ao aeroporto de Tindouf somos unha familia, esta vez non hai interrogatorios nin cacheos, só preguntas curisosas sobre se somos artistas e famosos
1º de maio de 2012. O avión que nos leva de Madrid a Tindouf é unha festa permanente. Os músicos do festival enchen a cabina de flamenco e risas. Para cando chegamos ao aeroporto de Tindouf somos unha familia, esta vez non hai interrogatorios nin cacheos, só preguntas curisosas sobre se somos artistas e famosos.
Hoxe a estrada é de asfalto, pero a sorpresa está garantida. A benvida corre a cargo dun animador saharauí que sobe ao autobús en plan gogo e pica música salsa, sacándonos a toda a pasaxe a bailar no corredor do bus, mentres atravesamos a noite dos campamentos de refuxiados, que xa non viven só en haimas e ilumínanse con queroseno.
Quince anos de diferenza entre as dúas vivencias pero unha mesma realidade, miles de persoas abandonadas á súa sorte nun lugar inhóspito e maldito, como un barco de pedra varado na area
Quince anos de diferenza entre as dúas vivencias pero unha mesma realidade, miles de persoas abandonadas á súa sorte nun lugar inhóspito e maldito, como un barco de pedra varado na area.
O Festival de Cine do Sahara (FISAHARA) leva máis da metade dese tempo chegando nos seus avións cargados de soños en forma de celuloide, para romper o muro de silencio e complicidade que España e as institucións europeas levantou en base aos seus intereses económicos con Marrocos.
Por primeira vez os Pallas@s en Rebeldía acompañan esta aventura solidaria do cine español, para compartir historia e esperanza con este pobo, que foi nómade, como o circo internacional, que viven baixo unha carpa, como os artistas ambulantes, que anhelan a liberdade , como os pallasos do mundo.
Hoxe creouse na miña vida unha ponte no tempo, cando vin por primeira vez eu era un sindicalista que pospuña a súa vea artística, 15 anos máis tarde regreso como un Pallaso en Rebeldía que abraza o seu compromiso coa humanidade.
Quizais coa maxia do circo e da sétima arte atopemos o camiño que leve de volta a casa a este pobo de home e mulleres riseiras
Quizais coa maxia do circo e da sétima arte atopemos o camiño que leve de volta a casa a este pobo de home e mulleres riseiras. É o momento de cruzar o arame que os eleve por encima das campos minados, de facer, o xogo de prestidigitación que permita que leve a cabo o referendum de independencia, deben acenderse as luces, abrirse o pano e dar comezo a un novo horizonte de liberdade para os fillos/as das nubes.