  - Un estudo pecha a falsa relación entre vacinas e autismo- Unha revisión de todas as análises sobre a posible relación entre a vacinación e os transtornos do espectro autista conclúe que non existe "ningunha evidencia" de nexo entre ambos. 
  - As mulleres ás que se lles nega o aborto triplican o risco de caer na pobreza- Que acontece coas mulleres anos depois de querer abortar e non poder facelo? Un estudo realizado nos Estados Unidos sinala que as que non puideron abortar sofren maiores problemas económicos e de saúde e, ademais, están máis expostas á violencia machista. 
  - Twitter esvara como oráculo electoral- A análise das mensaxes compartidas na rede social amosa certa capacidade para prognosticar o resultado dos comicios e moitos dan por enterradas ás empresas demoscópicas. No entanto, Twitter aínda amosa demasiadas fraquezas para reflectir a realidade electoral. 
