De profesión, cooperativista
O legado de Avelino Pousa Antelo é tan amplo, tanxible e intanxiblemente, que parece realmente complicado resaltar unha faceta súa por riba das demais. Porén, xunto co seu denodado espírito docente, a súa intensa produción xornalística e literaria e o seu carácter galeguista, o Lucho do Peto pasará a historia do país pola súa incansable defensa do cooperativismo agrario. Aí queda a Granxa-escola de Barreiros (Sarria), como proba palpable da súa fe cega na importancia da educación agraria como semente de futuro.
O ‘mestre de Galicia’
A existencia de Avelino Pousa Antelo transcorreu paralela á propia evolución do noso país dende os adolescentes anos 10 do século pasado ata á actualidade. O Lucho do Peto foi testemuña directa e activa do esperanzador galeguismo anterior á Guerra Civil que o alzamento embozou. Nos tempos da infamia, traballador irredento. Profesor, intelectual, político e, sobre todo, galeguista. Unha reportaxe de Manel González.