María Xesús Lama López é profesora titular de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universitat de Barcelona e investigadora de ADHUC-Centro de Investigación, Teoría, Xénero e Sexualidade. A súa investigación céntrase na literatura galega contemporánea con especial atención á perspectiva de xénero e a literatura do Rexurdimento. Recibiu o Premio Nacional de Ensaio 2018 pola súa biografía de Rosalía de Castro. É codirectora da revista Abriu. Estudos de textualidade de Brasil, Galicia e Portugal.